Fernando Vázquez, incómodo coa euforia e a desmemoria pola súa traxectoria
Publicado o 04/02/2020 13:30
• Vázquez tamén confesa que sempre pensou en regresar ao Deportivo
Que Fernando Vázquez non é un adestrador do común non é ningunha novidade. Que non ten pelos na lingua para dicir o que quere, tampouco. E velaí a súa incomodidade coa euforia xerada na explosiva remontada do Deportivo.
Vázquez confesa que tamén sempre pensou en volver ao Deportivo, ao fútbol de elite. E non ocultou a súa contrariedade pola desmemoria cando se fala da súa traxectoria.
Os seis triunfos consecutivos de Fernando Vázquez desque chegou ao Dépor teñen tamén a súa intrahistoria futbolística, de concepto. Traballo mental, diagnóstico da realidade e prioridades ben definidas.
A gusto sempre falando de fútbol, Fernando Vázquez segue construíndo a golpe de resultados a súa imaxe de talismán para o fútbol galego.