CRTVG

Buscar

Fernando Simón defende en 'The Lancet' a xestión da pandemia e critica a politización da crise sanitaria

Publicado o 09/12/2020 20:49

Fernando Simón defende a xestion da pandemia en España nunha carta asinada por todo o seu equipo que publica a prestixiosa revista médica The Lancet.

O director do centro de alertas sanitarias e os seus colaboradores critican a politización da pandemia. Aseguran que o clima de confrontación converteu a comunicación da crise nun desafio e prexudicou a resposta fronte á covid.

Simón recoñece que a pandemia tamén detectou as debilidades en Atención Primaria do sistema sanitario español.

Noticias web

09/12/2020