Fernando Romay e Sergio Pazos agradecen a enerxía dos ourensáns e invítanos a erguerse logo do confinamento
Publicado o 25/04/2020 12:29
Fernando Romay e Sergio Pazos son os protagonistas dunha campaña do Concello de Ourense na que agradecen o esforzo de toda a cidadanía para respectar o confinamento. O deportista e o actor invitan a todos os ourensáns a, unha vez rematado dito confinamento, recuperar a normalidade e axudar na recuperación do comercio local.