CRTVG

Buscar

Fernando Roig: "Podemos xogar cada 48 horas e facendo 5 cambios por partido"

Publicado o 16/04/2020 20:47

O presidente do Vilarreal, Fernando Roig, ten as súas propias propostas para o regreso á competición. En canto as autoridades dean permiso, o directivo castellonenco quere que a competición se resolva o antes posible: "Non se debe suspender a liga. Se hai que facer cada 48 horas os partidos, pois facelos cada 48 horas, hai que se dedicar a xestionar. A saúde dos xogadores é importante e, se temos que, no canto de facer 3 cambios facer 5, pois fagamos 5 cambios", di Roig.

Ademais sinalou que para pasar mellor o confinamento sería moi recomendable que volvese o fútbol: "Neste momento que estamos na casa, estamos aburridos, se nos puxesen algún partido na televisión aínda que fose a porta pechada pasariámolo un pouco mellor. Que hai un certo risco, pois non. Pode haber un certo risco, pereo tamén o que xoga e lle pega ao balón ten o risco da lesión".

Noticias web

16/04/2020