CRTVG

Buscar

Fernando García Cadiñanos acaba de ser ordenado bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol

Publicado o 04/09/2021 14:21

En Mondoñedo acaba de celebrarse a toma de posesión do novo bispo da diocese. Fernando García Cadiñanos acaba de ser ordenado como bispo de Mondoñedo-Ferrol na sé mindoniense nun acto solemne presidido polo arcebispo de Santiago, xunto co nuncio apostólico e o arcebispo de Burgos, e ao que tamén asistiron autoridades civís e militares.
Na cerimonia tomaron parte outros dous arcebispos, quince bispos nacionais e dous de dioceses de Ecuador e Bolivia.
Para cumprir coas normas de prevención contra o coronavirus, a capacidade da catedral reduciuse ao 75 por cento e todos os asistentes utilizaron máscara.

Noticias web

04/09/2021