Fernando Barroso: "A miña música é como unha novela por capítulos"
Publicado o 15/03/2020 13:30
Xograr, o novo disco de Fernando Barroso é unha homenaxe aos artistas a través dos tempos. O disco concilia música popular e moderna cun pouso de Portugal, consta de 18 temas e ten colaboracións como a de Hugo Guezeta ou Adufeiras de Salitre.