CRTVG

Buscar

Fernando Alonso volve pilotar o coche co que foi campión do mundo

Publicado o 11/12/2020 21:32

Fernando Alonso volveu pilotar en Abu Dhabi o Renault R25 co que logrou o seu primeiro título no ano 2005. O motor V10 ruxiu durante media ducia de voltas nestas instalacións do circuíto de Abu Dhabi. Un Fórmula 1 inesquecible, co que o asturiano lembrou grandes momentos. Alonso gañou sete carreiras con ese coche, ademais do título de hai xa 15 anos.

Noticias web

11/12/2020