Fernando Alonso regresa á F1 con Renault
Publicado o 08/07/2020 16:30
Fernando Alonso volve á Fórmula 1 con trinta e oito anos.
E volve co coche co que foi campión mundial. Alonso competirá en 2021 con Renault, pero a súa intención é a de pelexar polo título en 2022 cando cambien as regras da competición e todas as máquinas sexan iguais.
En 2021 coincidirá con Carlos Sainz que correrá con Ferrari.