Fernández-Bouzas, dir. Parque Nacional das Illas Atlánticas: "O parque non é un campo de fútbol ou un concerto que se poida encher, é un espazo protexido para respectar e gozar"
No Bos días, Ana Celia conversa con José Antonio Fernández-Bouzas, director do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
O Parque Nacional das Illas Atlánticas converteuse nos últimos anos nun dos principais activos turísticos do país, ao tempo que son áreas de especial protección da natureza. O seu director explica como se logra esa convivencia.
"Son catro arquipélagos que teñen que ter moita vida por diante para gozar e para conservar".
"O número de visitantes é o que pode ser no verán, pero temos todo ano para poder gozar do parque; temos que planificar as visitas, facer rutas distintas, Galicia é moi ampla e tamén hai praias espectaculares no resto da contorna do parque nacional".
"A xente ten que entender que ou planificas moi ben a túa visita ou non vas, e que non só están as Cíes, senón que hai outros sitios que visitar".
"As empresas cada vez fan máis actividades fóra de temporada, para ver estrelas, ir en kayak, cetáceos, aves...".
Este ano xa foron unha 20.000 persoas fóra de temporada.
"O parque non é un campo de fútbol ou un concerto que se poida encher, é un espazo protexido para respectar e gozar".
"A candidatura das illas Cíes a Patrimonio da Humanidade corresponderíanos presentala cara ao ano 2024 ou 2025. Hai en España outras candidaturas anteriores, como a Ribeira Sacra ou o parque do Retiro de Madrid".
"O principal problema no parque son as especies invasoras e a conciención da xente, as cabichas nas praias. Hai que concienciar para gozar".
"Agora temos 10 anos para implantar o plan reitor da Xunta para o parque, que inclúe o cambio ás enerxías renovables".