CRTVG

Buscar

Feridos en accidente de tráfico dous mozos que volvían dunha festa

Publicado o 25/04/2020 21:26

Na estrada que une Ledoño co Mesón do Vento identifican un home que conduce sen carné. É a segunda vez que o paran nunha hora e a cuarta nunha semana. Son só algúns exemplos das incidencias rexistradas nas últimas horas.

Durante as fins de semana, refórzanse os dispositivos de vixilancia sobre todo nos accesos ás vilas turísticas. Tentan impedir o traslado ás segundas residencias.

A Garda Civil tamén investiga este accidente ocorrido de madrugada en Santa Comba. O vehículo foise da estrada e bateu contra unha glorieta, deixando atrás o motor e parte da carrocería. Os ocupantes, dous mozos de 25 e 23 anos, quedaron feridos, un deles de gravidade. Segundo informa o Ministerio do Interior, todo parece indicar que volvían á casa logo de pasar a noite nunha festa. O condutor deu positivo na proba de alcolemia.

Noticias web

25/04/2020