CRTVG

Buscar

Ferido un operario en Quiroga tras caer por un desnivel cunha retroescavadora

Publicado o 07/04/2021 21:03

Un operario resultou ferido esta tarde nunha canteira da zona de Quiroga tras caer coa máquina retroescavadora coa que traballaba por un desnivel duns 30 metros

O home de 42 anos, traballador da empresa Pizarras de Quiroga SA, está a ser trasladado arestora ao Hospital de Lugo desde esta zona de dificil acceso de Vilarbacú lindeira case con Castela e León. Vai na aeronave medicalizada dos Gardacostas de Galicia, un dos dous helicópteros de rescate que se trasladaron ata alí xunto aos bombeiros de Monforte, patrullas da Garda Civil e da Policía Local, do GES de Quiroga e de Protección Civil. O home presenta varias fracturas pero esta consciente.


 

Noticias web

07/04/2021