CRTVG

Buscar

Ferido un mozo en Baiona ao colidir con outro coche e envorcar

Publicado o 29/03/2021 09:27
Ferido un mozo en Baiona ao colidir con outro coche e envorcar

Un aparatoso accidente produciuse onte á noite en Sabarís, en Baiona. Un mozo de 21 anos quedou ferido ao chocar contra outro coche e envorcar. Circulaba a máis de 100 quilómetros por hora nunha rúa limitada a 30, impactou contra outro vehículo, que saía dun garaxe, e este rebotou contra outros dous que estaban estacionados.

Noticias web

29/03/2021