CRTVG

Buscar

Ferido un bombeiro cando traballaba no polígono industrial de Rábade

Publicado o 18/07/2020 10:33
Ferido un bombeiro cando traballaba no polígono industrial  de Rábade

Un bombeiro foi evacuado polos servizos sanitarios a pasada noite despois de sufrir un accidente mentres traballaba no Polígono Industrial de Rábade.
Ao fío das 21:30 horas, unha chamada dos Bombeiros de Vilalba informaba os xestores do 112 Galicia do incidente. Enseguida, desde o Centro Integrado de Atención  ás  Emerxencias (CIAE) púxose a situación en coñecemento de  Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Garda Civil e Local.
O bombeiro foi atendido polos profesionais sanitarios e trasladado en ambulancia ata un centro hospitalario.