CRTVG

Buscar

Ferido o conductor dun tráiler que impactou contra outro na A-52 nas Estivadas

Publicado o 25/08/2020 10:51
Ferido o conductor dun tráiler que impactou contra outro na A-52 nas Estivadas

Impactante accidente entre dous tráilers na A-52 nas Estivadas. Quedou feridou o condutor do tráiler que circulaba pola A-52 en direción a Vigo e chocou contra outro tráiler que estaba parado na beiravía por unha avaría no motor, segundo informa o 112.

O accidente ocorreu contra as 5:40 desta madrugada nas Estivadas, concello de Cualedro.

O choche foi brutal e un dos camións quedou totalmente esmagado. No accidente quedou ferido o condutor deste tráiler que ía circulando.

O tráfico non se viu afectado porque nese treito hai tres carrís.