CRTVG

Buscar

Ferido moi grave un neno de sete anos que caeu desde un terceiro andar en Sanxenxo

Publicado o 18/07/2021 19:12
Ferido moi grave un neno de sete anos que caeu desde un terceiro andar en Sanxenxo

En Sanxenxo investíganse as causas polas que un menor caeu dende o terceiro andar dun edificio.

O neno de sete anos precipitouse ao patio de luces desde o terceiro piso do inmoble. A súa nai deu aviso sobre as 5 da mañá, e ao lugar desprazáronse efectivos da Policía Local, Emerxencias e unha ambulancia medicalizada.

O cativo foi trasladado en estado moi grave ao hospital de Santiago, pero ía consciente.