CRTVG

Buscar

Ferido grave un motorista tras colidir contra un turismo en Caldelas de Tui

Publicado o 16/02/2021 18:29
Ferido grave un motorista tras colidir contra un turismo en Caldelas de Tui

Ocorreu nun cruzamento da estrada que une a vila tudense con Salvaterra do Miño. Axentes da Garda Civil e da Policía Local de Tui auxiliaron 'in situ' o motorista con manobras de reanimación e tamén empregando un desfibrilador, o que permitiu estabilizalo. Posteriormente o ferido tivo que ser trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro.

Noticias web

16/02/2021