CRTVG

Buscar

Ferido grave un ciclista que chocou contra unha motocicleta en Paderne de Allariz

Publicado o 14/02/2021 20:01

FERIDO GRAVE UN CICLISTA EN OURENSE. CHOCOU CONTRA UNHA MOTOCICLETA EN PADERNE DE ALLARIZ
Ferido grave un ciclista en Ourense, que colidiu contra unha motocicleta. O accidente tivo lugar a primeira hora da tarde na aldea de Cascarreira, a trece quilómetros de Paderne de Allariz. A peor parte levouna o ciclista, e nun primeiro momento se requeriu a presencia do helicóptero para o seu traslado. Finalmente foi evacuado en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

 

Noticias web

14/02/2021