Ferido grave tras chocar o tractor que conducía contra un turismo en Ourense
Publicado o 16/09/2020 18:59

O condutor dun tractor quedou ferido grave tras colidir o vehículo agrícola contra un turismo contra as cinco e media desta tarde á altura da igrexa de Beade, en Ourense. Segundo parece, saiu despedido pola violencia do choque e acabou sendo atropelado polo tractor. Ao lugar desprazáronse axentes da Garda Civil, unha ambulancia e un helicóptero.