Ferido ao precipitarse co tractor por un terraplén na Fonsagrada
Publicado o 07/10/2020 19:46

Un home resultou ferido despois de precipitarse por un terraplén co tractor que manexaba, no lugar de Monteseiro, no municipio lucense da Fonsagrada.
O 112 recibiu aviso do accidente poucos minutos antes das 11.30 horas e, de inmediato, o Centro de Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia fixo chegar a alerta aos servizos sanitarios de urxencias, que enviaron unha ambulancia ao lugar do accidente.
Ademais, desde o 112 informouse do accidente a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e a agrupación de voluntarios de Protección Civil dese municipio lucense.
A vítima, de 77 anos, foi evacuada en ambulancia ao HULA, tras recibir os primeiros auxilios no mesmo lugar do sinistro.