Feridas dúas persoas en Ourense ao caerlles enriba un mozo que se precipitou desde un balcón
Os clientes dunha céntrica terraza ourensá levaron un gran susto tras caer un home que se precipitara desde unha ventá. O suceso tivo lugar a primeira hora da tarde na rúa do Paseo.
Unha parella estaba a tomar algo nunha terraza cando lle caeu enriba un home duns 30 anos que se precipitou dende o balcón do primeiro andar dun edificio. O parasol baixo o que estaban freou a caída e evitou consecuencias peores.
A muller chegou a esvaecerse do susto e foi a traballadora dunha farmacia próxima a primeira en atendela, antes de que fora trasladada a un centro médico. Os seus compañeiros comentan que el caeu enriba do parasol e que despois estivo como facendo uns cantos en inglés.
Sospeitan que o home estaba baixo os efectos de substancias estupefacientes. A Policía Nacional investiga o acontecido.