CRTVG

Buscar

Feridos os membros dunha parella que se acoitelaron en Vimianzo

Publicado o 03/06/2021 09:01

Feridos dous homes, un deles de extrema gravidade, tras acoitelárense un ao outro durante unha rifa. Ocorreu pasadas as oito da tarde nunha vivenda no lugar de Calo, en Vimianzo.

Dada a gravidade das feridas, un helicóptero medicalizado trasladou un dos feridos ata o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Presentaba feridas por arma branca, dúas delas moi profundas, que lle afectaron un pulmón. O home ten 32 anos e é natural da Comunidade Valenciana.

O outro ferido ten 38 anos e é de Muxía. Tiña dúas feridas por arma branca e, en principio, os sanitarios non temían pola súa vida. Foi trasladado ata o Hospital de Cee.

Segundo as primeiras investigacións, a rifa comezou por un desencontro sentimental. 

Noticias web

03/06/2021