CRTVG

Buscar

Ferida unha octoxenaria nunha explosión de gas no Barco de Valdeorras

Publicado o 05/06/2020 20:17

A explosión tivo lugar na parte baixa desta vivenda, ás aforas do Barco de Valdeorras. A vítima atopábase na cociña.

A muller, de 80 anos, tan só presentaba feridas nas pernas. Foi trasladada ao hospital de Valdeorras, pero xa recibiu a alta. Segundo os efectivos de emerxencias, a bombona estaba en perfecto estado polo que sospeitan que o problema puido estar na instalación.

A pesar dos desperfectos, a vivenda non presenta danos estruturais polo que finalmente todo quedou nun susto.

Noticias web

05/06/2020