Ferida grave unha nena atropelada por un camión en Poio
Publicado o 03/06/2019 12:36
Unha nena de 12 anos quedou ferida de gravidade tras ser atropleada por un camión en Poio.
Segundo informa o 112, o accidente produciuse ás oito e media da mañá, cando a menor cruzaba pola avenida da Barca.
Os bombeiros tiveron que levantar o camión para liberar a pequena, que quedou atrapada debaixo do vehículo.
A nena foi trasladada por unha ambulancia do 061 ao Hospital Provincial de Pontevedra.
No suceso, amais dos bombeiros de Pontevedra e Ribadumia, interviñeron axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local de Poio e efectivos de Protección Civil.