CRTVG

Buscar

Ferida de bala unha muller no interior do Capitolio

Publicado o 06/01/2021 23:03

Hai polo menos unha persoa ferida de bala nos disturbios. Trátase dunha muller que, todo indica, recibiu un disparo no interior das dependencias do Capitolio.

Polo momento, pouco transcendeu do que sucedeu. O que sabe é que a muller caeu ao chan no medio do caos, ao tempo que se escoitaron berros e tiros. As imaxes mostran a ferida cunha forte hemorraxia na cabeza, aínda que consciente. Varias persoas sacárona ao exterior e xa foi atendida polos servizos de emerxencias.

 

Noticias web

06/01/2021