Feira de libros en Pontevedra para celebrar as Letras Galegas
Publicado o 17/05/2019 21:02
As letras galegas son o motivo deste día festivo, e para celebralo con libros, dez establecementos de Pontevedra organizaron unha feira na rúa con sinaturas de autores como Ledicia Costas e Pedro Feijoo.
Pontevedra vive o día das letras na rúa e a praza da Ferraría é o seu escaparate.
A iniciativa dos libreiros pontevedreses proporciona, ademais, un punto de encontro entre as autoras e as súas lectoras.
E como aliciente, Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura, e Arantza Portabales, estrean cadansúa novela negra.
Pedro Feijóo e Iria Collazo son outros creadores convidados a esta festa de libros na rúa que tamén é unha oportunidade para coñecer o autor homenaxeado este ano, Antonio Fraguas.