CRTVG

Buscar

A Xunta busca entre as empresas iniciativas para fabricar produtos que axuden a combater a COVID-19

Publicado o 23/04/2020 14:51

A Xunta segue buscando no tecido empresarial galego iniciativas para fabricar novos produtos que axuden a previr e combater a COVID-19. Alberto Núñez Feijóo visitou esta mañá unha empresa de Silleda, dedicada antes á impresión en gran formato, que agora produce pantallas protectoras faciais. Levan entregadas 30.000 ao Sergas. O goberno galego está traballando nunha nova liña de axudas para impulsar a fabricación de medicamentos, equipos sanitarios e calquera outro ben de protección contra o virus e convida as pequenas e medianas empresas a que lle comuniquen á Xunta que proxectos están dispostos a acometer. Poden facer as súas achegas ata o vindeiro mercores e os apoios previstos poderían chegar aos 800.000

Noticias web

23/04/2020