CRTVG

Buscar

Feijóo: "Un congreso é unha oportunidade para unir, abrir e fortalecer un partido"

Publicado o 13/09/2021 20:29

Diante do comité executivo do PPdeG, Feijóo dixo estar orgulloso de presidir un Goberno unido e solidario e presidir un partido que amosa a España que a política pode ser últil para resolver os problemas da xente e non crealos.

Os congresos, defendeu, deben servir para integrar as distintas sensibilidades, non para facer axustes de contas.

"Un congreso non é conspirar entre compañeiros como fai o PSdeG; nin decir que se está reflexionando como excusa para dar unha batalla contras as familias que controlan o nacionalismo galego como é o caso do BNG. Un congreso é unha oportunidade para unir, abrir e fortalecer o partido", afirmou o presidente do PPdeG.

Os populares revonarán os seus equipos provinciais esta fin de semana en Pontevedra e Lugo e a próxima en Ourense e A Coruña.

Noticias web

13/09/2021