CRTVG

Buscar

Feijóo trasládalle o seu total apoio ao líder do PP vasco

Publicado o 21/02/2020 20:54

Alberto Núñez Feijóo participa  en Lugo na reunión da xunta directiva provincial do Partido Popular. Alberto Núñez Feijóo expresou esta tarde o seu total apoio ao candidato do PP vasco, Alfonso Alonso.O presidente do PP pechaba esta tarde en Lugo a rolda de reunións coas direccións provinciais do partido. Alí reiterou que o 5 de abril os galegos elixen entre a estabilidade dun goberno que poña Galicia por diante de siglas políticas ou un "multipartito" que acate as graves discriminacións do Goberno central coa nosa comunidade. Ao inicio deste acto, a preguntas dos xornalistas, expresaba o seu completo apoio ao candidato do PP vasco para todo o que este lle pida.

 

Noticias web

21/02/2020