Feijóo, sobre a investidura: "O acordo con Podemos e independentistas vainos custar moitos desgustos"
Publicado o 17/12/2019 14:40
Alberto Núñez Feijóo asegura que despois de falar con Pedro Sánchez ten claro que o presidente do Goberno en funcións non vai buscar alternativa a un acordo con Podemos e os independentistas. Explica que lle dixo a Sánchez que iso ía ser malo para España e Galicia e que el non lle respondeu.
"Soamente está traballando nesa vía e creo que é claramente equivocada e que nos vai custar moitos desgustos aos españois e para os intereses para a economía e sociedade galegas", afirma o presidente da Xunta.