Feijóo rexeita o "goberno entre iguais" que esixe ERC ao PSOE
A esixencia de Esquerra de pedirlle ao PSOE unha mesa de negociación entre iguais, é dicir, entre gobernos, é, segundo Feijóo, un disparate.
"Como que unha mesa de gobernos? Que lexitimidade ten este Goberno para tomar decisións que afectan a galegos, andaluces, vascos...? De verdade que non imos falar dos servizos públicos ou das pensións e si do que queiran Junqueras e Torra? Isto non o fixo nunca un secretario xeral do PSOE en 40 anos de democracia".
Nunha entrevista televisiva insistiu en que o PP está a favor dun acordo constitucional para garantir a gobernabilidade e instou a Sánchez a rachar o pacto con Podemos como solicitan veteranos socialistas.
"Se Sánchez o que quere é humillarnos e arrecullarnos, non o imos facer. Non lles fan caso a González, a Guerra ou a Leguina, que din o mesmo que digo eu".