CRTVG

Buscar

Feijóo revalida por quinta vez o liderado do PPdeG co 98,3 % dos votos

Publicado o 17/07/2021 13:50
Feijóo revalida por quinta vez o liderado do PPdeG co 98,3 % dos votos

O Partido Popular de Galicia aproba sen fisuras o relatorio para incidir na baixada de impostos autonómicos sen renunciar aos servizos sociais.  Un total de 1.100 asistentes acudiron ao 17º Congreso do PPdeG cun reducido aforo pola pandemia.

Alberte Núñez Feijóo revalidou este sábado por quinta vez o seu liderado no partido cun 98,3 % do apoio dos algo máis de 800 compromisarios que se desprazaron o Multiusos do Sar compostelán. Houbo 14 votos en branco e un nulo.

Sen incógnitas o presidente Feijóo desvelou o conxunto da dirección na que repite como secretario xeral, o ferrolán Miguel Tellado. Feijóo logrou convocar en Galicia a maior parte dos baróns autonómicos do partido. Proclamou que se presentaba co reto e o foco nas municipais e cando se convoquen as xerais para axudar a Pablo Casado a chegar a Moncloa.