Feijóo reitera o compromiso da Xunta na loita contra o lume
Publicado o 27/03/2019 15:17
Dos incendios falouse no Parlamento galego. Alberto Núñez Feijóo agradeceu o traballo aos que combateron as lapas e comprometeuse a seguir traballando para acabar con esta eiva.
Alberto Núñez Feijóo dá unha cifra: a de 39 incendios que se produciron onte. Múltiples focos contra os que tiveron que loitar os tres mil efectivos que se mobilizaron.