CRTVG

Buscar

Feijóo, recibido entre aplausos polo comité de dirección do PPdeG 12 anos despois da súa primeira maioría absoluta

Publicado o 01/03/2021 20:47

Con este aplauso recibían a Alberto Núñez Feijóo no Comité de Direcíón do PP de Galicia no día en que se conmemoran os 12 anos da súa primeira vitoria electoral, nas eleccións autonómicas de 2009.

O presidente da Xunta agradeceu o apoio e felicitou os galegos por superar a crise económica daquel ano en que foi elixido por primeira vez. Está convencido de que agora Galicia tamén superará a actual crise.

 

Noticias web

01/03/2021