CRTVG

Buscar

Feijóo recibe a primeira dose de AstraZeneca e anima a vacinarse

Publicado o 04/05/2021 21:04

Alberto Núñez Feijóo recibiu este martes á tarde a primeira dose de AstraZeneca na Cidade da Cultura, en Santiago.

O xefe do Goberno galego, que fai 60 anos en setembro, dixo que estaba contento por recibir a vacina que lle corresponde e cando lle toca por grupo de idade. Animou os cidadáns a vacinarse para conseguir o obxectivo que marca o Sergas de que todos os maiores de 60 estean inmunizados en xuño.

"Eu agradezo a resposta que está tendo a poboación e dicirlles que hai que acudir cando toque e coa vacina que toque. Gozar desa inmunidade que é tan merecida para todas as persoas que seguen esperando", dixo o presidente da Xunta.