Feijóo promete unha "desescalada gradual" para non dar "pasos en falso"
• O presidente da Xunta defende a xestión do seu goberno na sesión de control do Parlamento fronte ás críticas da oposición
O presidente da Xunta comprometeuse a unha desescalada das medidas para loitar contra a covid−19 "gradual e proporcional", en función da situación epidemiolóxica, co obxectivo de "non dar pasos en falso".
Alberto Núñez Feijóo replicou deste xeito ao líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, que na sesión de control no Parlamento de Galicia asegurou que o seu partido será leal coas decisións da Xunta para loitar contra a pandemia. Porén, esixiulle transparencia sobre o plan de vacinación.
Caballero pediulle ao presidente galego explicacións sobre a vacina "sen ética, nin estética", segundo dixo, da conselleira delegada dun "imperio xeriátrico" con 2.600 mortos nos seus centros, en alusión a Josefina Fernández e o grupo DomusVi.
Feijóo obviou este tema e preguntoulle ao voceiro socialista se alguén dimitiu polos casos de vacinación irregular de cargos ligados ao PSOE. Ademais, esixíulle ao Goberno central que "non cambie de número e de criterio cada semana" no reparto de vacinas entre as comunidades.
No Parlamento houbo tirapuxas entre o presidente da Xunta e o voceiro do PSdeG ao redor das vacinacións indebidas. Caballero preguntou polo caso da conselleira delegada de Domus Vi vacinada pola Xunta, Feijóo respondeu sinalando tres alcaldes socialistas valencianos vacinados. pic.twitter.com/xb4ZNhwXNr
— G24 (@G24Noticias) February 10, 2021
Pola súa banda, a líder do BNG cuestionou como está a xestionar a Xunta os proxectos galegos que aspiran aos fondos de reactivación europeos Next Generation. Acusou o executivo de "actuar como axente comercial" de multinacionais e de non ter visión de país.
Núñez Feijóo reivindicou a súa defensa dos intereses de Galicia na xuntanza con Sánchez e censurou os pactos do BNG co PSOE e o mítin de Ana Pontón cos líderes de ERC e Bildu a pasada fin de semana.
Pola súa banda, a voceira nacionalista criticou que evite falar do futuro de Galicia e prefira falar de pactos. A este respecto, Pontón considerou que ao mellor non estaría mal dar explicacións sobre os pactos do seu partido coa estrema dereita.
A voceira do BNG bótalle en cara que, "cada vez que sentan a falar", Feijóo recrimina os pactos do BNG, e pídelle que explique os pactos do PP con VOX.
— G24 (@G24Noticias) February 10, 2021
O presidente replica: "Non se me ocorre nada máis antigalego que apoiar a Otegi e a Junqueras". pic.twitter.com/JRQcmNWlBj