CRTVG

Buscar

Feijóo presenta 6.119 avais á súa candidatura á presidencia do PPdeG

Publicado o 16/06/2021 16:45

Alberto Núñez Feijóo acaba de facer formal a súa candidatura á presidencia do Partido Popular de Galicia. O líder dos populares galegos entregou antes das once desta maña 6.119 avais á comisión organizadora do congreso do partido que se celebra xusto dentro dun mes, o 16 de xullo, en Pontevedra. Feijóo di que se presenta con menos nervios, pero coa mesma responsabilidade da primeira vez e co obxectivo de preparar o partido para a próxima cita coas urnas: as eleccións municipais.

Feijóo non aclarou se será o candidato á Xunta de Galicia por quinta vez no 2024. Afirmou que o seu compromiso é esgotar a actual lexislatura e que sería "un acto de soberbia" anticipar o que sucederá antes das próximas autonómicas.

Noticias web

16/06/2021