CRTVG

Buscar

Feijóo pídelle ao Goberno a conexión de Balaídos coa alta tensión comprometida

Publicado o 17/02/2021 13:49

O Goberno deixa fóra do seu proxecto de mellora da rede eléctrica a conexión coa alta tensión que necesita a planta de Citroën de Vigo que xa estaba planificada. O presidente da Xunta pediralle á ministra de Transición Ecolóxica, coa que se reúne o xoves, que cumpran co comprometido.

"Nin podo aceptar o 1,2 % do total de investimento na mellora da redes elécticas de España, nin podo aceptar a exclusión dunha nova subestación para abaratar os custos de enerxía do polígono de Balaídos e da empresa máis importante que hai nel, que é PSA. Espero que sexa un erro e que polo menos se poña o que xa tiñamos e negociar o que veña a maiores", asegura.

Alberto Núñez Fejóo lamenta, ademais, que Galicia só reciba 60 dos 6.000 millóns de euros que vai investir Rede Eléctrica en España. 

Noticias web

17/02/2021