CRTVG

Buscar

Feijóo pide un IVE superreducido temporal para o turismo

Publicado o 18/05/2021 14:47

Ofrecer seguridade será a clave, di o sector turístico, para atraer viaxeiros de fóra este verán. "O ano 2021 será mellor que o 2020, indubidablemente. O turismo nacional estará a tope e o turismo estranxeiro depende da vacinación, os tests e o traballo que pode facer o Goberno para meter presión a favor do pasaporte sanitario", afirmou José Luis Bonet, presidente da Cámara de Comercio de España.

O presidente da Xunta defende que o turismo ten que ser unha prioridade política e económica, e propón un IVE superreducido de seis meses para o sector.

"Necesitamos incentivar o consumo e abaratar determinados servizos. E como eu non coñezo un plan estratéxico para o turismo, coido que pode ser unha decisión puntual que podemos probar no segundo semestre, a ver que ocorre e facemos as contas ao final. Eu estou convencido de que non imos reducir a recadación. Pactando co sector, por suposto, que é unha decisión puramente conxuntural".

Feijóo tamén defendeu PCR gratis para os viaxeiros.

Noticias web

18/05/2021