Feijóo pide para o PP "xente que veña a servir e non a servirse"
O PPdeG reelixiu presidente provincial da Coruña a Diego Calvo co 96 % dos votos no XVI Congreso celebrado este sábado. Na clausura, Alberto Núñez Feijóo dixo que no seu partido non sobra ninguén e abriulles as portas a todos os que crean nunha política mellor.
Segundo manifestou, o seu partido necesita "xente que veña a servir e non a servirse”, pois “neste partido non sobra ninguén, falta moita xente". O xefe do executivo galego arroupou o reelixido presidente, do que enxalzou a súa “experiencia” en institucións e no partido.
No seu discurso, Núñez Feijóo instou a reconquistar aquelas persoas que xa non votan o PP, así como os que se deron conta de que "o Partido Socialista xa non está e agora é o Partido
Sanchista".
Tamén chamou a facerse coa confianza da mocidade "á que non lle gusta a política porque non lle gusta a actitude dos políticos". Por iso, sostivo que o seu partido "vai seguir liderando as loitas pendentes en Galicia".