CRTVG

Buscar

Feijóo pide o voto para un presidente que "non estea secuestrado"

Publicado o 01/07/2020 21:20

Alberto Núñez Feijóo pediu hoxe en senllos mitins en Sarria e Narón o voto para un presidente que non estea "secuestrado" fronte a un "goberno de dez". Á mañá, nun acto sectorial de familia celebrado en Poio anunciou que as familias monoparentais e con dous fillos terán as mesmas condicións a efectos fiscais que as numerosas, é dicir, un desconto de 250 euros no tramo autonómico do I.R.P.F.

O candidato do Partido Popular de Galicia á Xunta tamén explicou outras medidas do seu programa electoral para as familias: acabar a próxima lexislatura co dobre de prazas de gardería das que propón a Unión Europea, incentivar as empresas para que abran garderías ou reforzar os servizos de madrugadores.

Noticias web

01/07/2020