CRTVG

Buscar

Feijóo promete gobernar para todos: "Grazas por tanta xenerosidade"

Publicado o 13/07/2020 00:36

Cunha maioría absoluta, Feijóo prometeu que vai "gobernar para todos", mesmo para os que non o votaron, aos que lles di que teñan "a tranquilidade e seguridade" de que sempre porá Galicia por diante.

O candidato á reelección polo PP, Alberto Núñez Feijóo, brindou este triunfo "a todo o PP de España" e máis concretamente ao seu presidente, Pablo Casado. Feijóo compareceu nun hotel, nas inmediacións da sede do partido en Santiago. No atril cambiouse o lema da campaña, que pasou de "Galicia, Galicia, Galicia" a "Grazas, grazas, grazas".

Así mesmo, Núñez Feijóo amosou o seu agradecemento aos seus colaboradores e á súa familia, tamén aos seus adversarios, Ana Pontón e Gonzalo Caballero. Do mesmo xeito, agradeceulle ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a súa felicitación.