CRTVG

Buscar

Feijóo: "O nacionalismo é o contrario de priorizar as necesidades"

Publicado o 24/06/2020 15:46

O Partido Popular de Galicia publica hoxe nas redes sociais vídeos en que o candidato á reelección fai balance dos proxectos desenvolvidos nas sete cidades e nos que se compromete a seguir coa mellora dos servizos públicos e das infraestruturas en cada unha delas.

Alberto Núñez Feijóo mantivo tamén un encontro telemático co candidato a lehendakari Carlos Iturgaiz, onde reflexionaron sobre o nacionalismo.

"O nacionamismo é xustamente o contrario de priorizar as necesidades. Nestes momentos, o principal problema que ten un galego é o mesmo que ten un vasco: se vai manter posto de traballo, se a súa empresa é viable... Esas son as prioridades, e o resto paréceme un anacronismo político e unha formulación moi arriscads de ruptura", defendeu o presidente dos populares galegos.


 

Noticias web

24/06/2020