Feijóo: "O Goberno ten que tomar nota do que se votou en Madrid"
Publicado o 05/05/2021 14:36
O líder dos populares galegos cualifica o triunfo de Ayuso de "inapelable". Feijóo fai unha lectura nacional dos resultados. Di que Madrid votou pola estabilidade que non ten España e dille ao Goberno central que tome nota destas eleccións.
"O Goberno ten que tomar nota porque as súas políticas foron derrotadas nas urnas con tanta contundencia que non valen desculpas. Non pode seguir xestionando con tanta soberbia, ten que falar máis coas comunidades autónomas; non se pode xestionar de forma sectaria un país e cando os cidadáns perciben que non se dialoga, castígase profundamente", afirmou Alberto Núñez Feijóo, líder do Partido Popular de Galicia.