CRTVG

Buscar

Feijóo: "O éxito de Oliver Laxe reflicte a fortaleza do audiovisual galego"

Publicado o 05/06/2019 15:47

O presidente da Xunta recibiu hoxe o cineasta galego Oliver Laxe, premiado na última edición do Festival de Cannes. O director foi acompañado polos protagonistas da película Benedicta Sánchez e Amador Arias, actores non profesionais, que falaron co presidente da súa experiencia no festival.

Feijóo felicitou a Oliver Laxe polo premio, un fito, dixo, para Galicia. Segundo o presidente, ese éxito reflicte a fortaleza do audiovisual galego, que seguirá tendo, afirmou, o apoio da Xunta para promover talento e impulsar a súa presenza nos mercados internacionais.

Noticias web

05/06/2019