CRTVG

Buscar

Feijóo: "Non se reúnen as condicións para celebrar as eleccións"

Publicado o 13/03/2020 21:37

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, proclamou este venres que "neste momento non se reúnen as garantías para poder celebrar eleccións" nin se pode "concretar en que momento poderían reunirse o cento por cento". Por iso, tras remarcar que non forman parte da súa axenda e que as ve "secundarias", asegurou que ve "lóxico" que, "se non hai o cento por cento de garantías" para votar, non se celebren os comicios do 5 de abril.

En todo caso, tras manter unha reunión extraordinaria co seu Executivo na que adoptou varias medidas, apuntou que, unha vez que se declare o estado de alarma en España, quedará garantida "a seguridade" e tamén se poderían habilitar "mecanismos" que, chegado o momento, poderían dar base xurídica a unha suspensión de comicios que non ten precedentes en España.

Con todo, rexeitou avanzar acontecementos e explicou que quedou co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, con quen falou esta mesma tarde, de manter un novo contacto e abordar a situación electoral despois de reunirse o luns cos portavoces dos principais partidos galegos. Todas as formacións se amosaron xa favorables ao adiamento. 

Noticias web

13/03/2020