CRTVG

Buscar

Feijóo: "No interior, máscara e distancia; no exterior, ou máscara ou distancia"

Publicado o 23/06/2021 13:07

• Galicia propón retirar a máscara fóra se hai distancia de 1,5 metros, pero mantela en terrazas e nos concellos con máximas restricións

Só cinco concellos quedan no nivel medio de restricións

EFE

O Goberno galego propón eliminar a obrigatoriedade de usar máscara no exterior sempre que se poida gardar a distancia de seguridade de 1,5 metros. No caso de persoas conviventes, non será necesario establecer ese afastamento.

Segundo anunciou o presidente da Xunta na conferencia de prensa posterior á reunión do comité clínico, seguirá a ser obrigatoria nos concellos situados no nivel máximo de restricións. Porén, nestes momentos non hai ningún municipio nese chanzo. 

Ademais, haberá que levaba sempre enriba. "Hai que saír con máscara da casa", subliñou, para poder entrar no interior de calquera establecemento.

Alberto Núñez Feixóo resumiu a medida do seguinte xeito: "No interior, máscara e distancia, e no exterior, ou máscara ou distancia". Ademais, dixo que haberá matices respecto ao seu uso en concertos, actividades deportivas e outros eventos. 

O xefe do executivo agarda que a proposta galega se poida pechar no Consello Interterritorial de Saúde desta tarde e entre en vigor ás 00:00 horas do sábado 26 de xuño.

Noticias web

23/06/2021