Feijóo defendeu que España e Galicia teñen a mellor sanidade da historia, no Congreso de Hospitais
Publicado o 08/05/2019 16:23
2.000 directivos sanitarios de toda España comparten en Santiago experiencias innovadoras para facer os hospitais máis eficaces e sustentables.
Na inauguración deste congreso nacional estiveron a presidenta do Congreso dos Deputados e o presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo defendeu que España e Galicia teñen a mellor sanidade da historia, pero que cómpren melloras para facer o sistema sustentable, con máis profesionais, mellor organización e un novo sistema de financiamento.