Feijóo lémbralle á oposición que o Goberno non lle permite investir o superávit en sanidade
Publicado o 27/03/2019 19:12
Hai máis dun mes que o Goberno galego solicitou poder empregar eses 300 millóns de euros adicionais, procedentes do propio superávit e de dúas liquidacions negativas. Pero non houbo resposta do Goberno de Pedro Sánchez. É a contestación que lle deu Feijóo ao voceiro socialista, que pedía máis investimentos en Atención Primaria. Tamén o voceiro de En Marea criticou a xestión sanitaria da Xunta.
Ence
O presidente da Xunta tamén dixo que non entende a posición do Goberno central, tentando anular a prórroga de ENCE en Pontevedra. Asegura que non lle gusta esa localización pero que, polo de agora, non hai outra, e o importante é defender os 5.000 postos de traballo. Para o BNG, a única saída é a marcha desa factoría da ría de Pontevedra.