CRTVG

Buscar

Feijóo lamenta que a Conferencia de Presidentes remate "sen acordos nin novidades" que trasladar

Publicado o 30/07/2021 22:59

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lamentou este venres, ao termo da Conferencia de Presidentes, que a cita de Salamanca rematase seis horas despois, tras unha sucesión de "máis monólogos que diálogos", "sen acordos nin novidades" que trasladar aos españois.

O presidente da Xunta sinalou que, a pesar de que o xefe do Executivo central, Pedro Sánchez, anunciou a chegada de 3,4 millóns de vacinas extra de Pfizer en agosto, estas son "insuficientes" e "lamentablemente confírmase a desaceleración da vacinación", xa que en xullo e agosto haberá unha "menor" administración de dose que en xuño.

Nunha rolda de prensa que ofreceu tras rematar o encontro, Feijóo insistiu en que "non" se tratou dunha Conferencia de Presidentes se non dunha "reunión informal" e insistiu en que houbo "moito monólogo", xa que cada mandatario autonómico trasladou "o que quixo" e Sánchez tamén manifestou "o que considerou oportuno", pero non se poden transmitir acordos aos cidadáns. 

Alberto Núñez Feijóo explicou todas as propostas que lle fixo a Pedro Sánchez, entre elas a posibilidade de inocular Janssen a menores de 40 anos, pero que non tivo resposta. Feijóo manifestou que non se avanzou nunha estratexia de vacinación para os próximos meses e expuxo a necesidade de utilzar os certificados de vacinación para non parar a actividade económica.


Noticias web

30/07/2021