Feijóo inaugura en Caión o novo centro comunitario Costa da Morte
Publicado o 08/09/2021 16:47
O presidente da Xunta inaugurou esta mañá en Caión, no concello da Laracha, o novo centro comunitario Costa da Morte.
Alberto Núñez Feijóo, que estivo acompañado pola conselleira de Política Social e diversas autoridades provinciais e locais, dixo que esta nova infraestrutura, de case 900 metros cadrados, vaille dar un novo pulo á comarca tecendo un fío entre o pasado baleeiro da zona e o presente.
O Goberno galego investiu neste centro, onde estará a confraría de pescadores, un millóns douscentos mil euros.